viernes, 9 de junio de 2017


                             "ANIMALIUM"  no MIHL  (Museo Interactivo da Historia de Lugo, )

Éstas son as fotografías "Mortalla I" e "Mortalla II"  coas que participo na exposición ANIMALIUM e o texto que as acompaña:

"Forzado mimetismo
confusión da materia
mortalla inmunda.
Po de camiño
que foi un dia
po das estrelas."





                                     

Texto de presentación da comisaria Cristina Carballedo:



Desde el 31 de maio al 31 de agosto terá lugar no Museo interactivo da historia de Lugo, MIHL, a exposición: Animalium, a imaxe animal na arte contemporánea. Este xoves 8 de xuño as 18 horas terá lugar una visita guiada sobre este proxecto expositivo integrado por artistas profesionais, no que o fío conductor é a figura animal posta en relación co pasado do espacio expositivo, o antigo matadoiro de FRIGSA agora reconvertido nun espazo cultural. Adxuntase o catálogo desta mostra.

Desde a antigüidade, son numerosos os exemplos da representación da imaxe animal na historia da arte: as pinturas rupestres. as artes figurativas exipcias...Representacións,todas elas, que nos permiten reflexionar sobre a relación do home coa natureza. É así como os artistas referenciados afrontan na súa traxectoria o mundo animal desde distintas perspectivas: Paco Pestana. Edu Valiña e Alvaro de la Vega incorporan as súas vivencias persoais ; Lomarti, Noa Persán, Jorge Agra e Xavier Magalhaes afrontan o tema desde a crítica social; Iago Eireos desde a descontextualización; Alberto Gulias desde a estética; Jose Reigosa, Peter Schneider e Pedro Gª Losada desde o foco dunha cámara; Paulo Neves, Julio Sanjurjo e Nicolás González Aller dunha forma naturalista; Camilo Seira desde a ternura; Oscar Aldonza e Xoan Vila desde o primitivismo; Jorge Espiral e Seara desde o humor e Enrique Tenreiro desde a abstracción.

Salientamos, por tanto, este espacio expositivo MIHL creado a partir dunha paisaxe agraria e industrial, FRIGSA, polo que significa como valor identitario da sociedade, como memoria viva do pasado e como un elemento patrimonial importante para a historia da cidade. E por esto como a intervención nestes espacios dos artistas en calquera das súas manifestacions pero aínda máis cando se trata de representacións plásticas e literarias, é determinante para calificalo como paisaxe cultural.Por esto nesta exposición o contenedor cultural e o contido son un todo, nun proxecto no que se pon en valor o pasado e presente deste espazo a través das distintas lecturas da figura animal no panorama artístico contemporáneo galego.
Esperamos contar coa súa asistencia
Moitas gracias pola súa atención
Reciban un cordial saúdo

Sumarte 
Cristina Carballedo PenelasCoordinadora de exposiciones y proyectos culturales
Teléfono:
 630 28 59 20
Página webwww.sumarte.net
Twitter: @CristinaSumarte
Linkedinhttp://www.linkedin.com/pub/cristina-carballedo-penelas/33/817/80



Entrada o blog  ArterrItory.net. Arte contemporaneo, donde se fala da exposición ANIMALIUM:

http://www.arterritory.net/noticias-en-arterritory-1qjun

 
                                        

sábado, 11 de junio de 2016

PROXECCIÓN DE O PILOTO EN NARÓN




Recentemente  a invitación de Asociación da Memoria Histórica Democrática, proxectouse no Pazo da Cultura de Narón o documental  “O Piloto”.
Ó coloquio que seguiu á proxección, asistiron Enrique Barrera, presidente da Asociación, Santiago Macías,  investigador, escritor e un dos fundadores da ARMH (Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica) e Afonso Eiré, escritor e guionista do documental.

Nas fotografías facilitadas por Manolo Pita, pódense ver distintos momentos do acto.









viernes, 11 de marzo de 2016

Estrea de O Piloto en Chantada


Onte 10 de Marzo estreouse por  fin en Chantada o documental "O Piloto" realizado por min con guión de Afonso Eiré.
Era un día señalado xa que se cumprían 51 anos da morte de este persoeiro, José Castro Veiga, coñecido na guerrilla antifranquista como O Piloto.
O 10 de Marzo de 1965, o pé do pantano de Belesar,  terminou a vida de este home a mans da Garda Civil.
Chantada e posiblemente o lugar dos que el frecuentou, onde máis mitificada está a súa figura.  Nas fotografías pode verse o publico que encheu o Auditorio Municipal.



                                   



Reportaxe de TELEVINTE sobre a estrea:

domingo, 21 de febrero de 2016

miércoles, 20 de enero de 2016

REFLEXIÓNS EN TORNO A FOTOGRAFIA A CEGAS

 .

                           
                                        Obradoiro no Museo do Mar 
 

No ano 2012 a Rede Museística do Museo de Lugo, por iniciativa  da sua xerente Encarna Lago, puxo en marcha un proxecto denominado  “Fotografía a cegas”,  no que, xunto con Iago Eireos, Germán Limeres e Toño de López tiven a sorte  de participar como monitor. Henrique Lamas foi o encargado de documentar en vídeo esta actividade. A finais do pasado ano 2015 celebramos a terceira edición.

Os resultados dos dous primeiros anos de esta iniciativa puideron verse nas conseguintes exposicións e no catálogo editado en 2013. Os de este 2015 veranse a través da exposición que se montará a finais de ano e do conseguinte catálogo.

Facemos fotografías por varios motivos, un deles e o de ter un recordo do momento. Pero quizás o máis  importantes sexa o de compartir as imaxes; en tempos a través do álbum familiar e hoxe en dia a través principalmente das redes sociais.

Ou sexa que facemos fotografías en parte para nos, pero nunha gran parte tamén para os demais, Logo entón unha persoa cega ten os mesmos motivos para tomar fotografías que calquera outra persoa con visión normal. Que el non as pode ver? Ben, sempre haberá alguén que lle “lea” esas imaxes.

A experiencia tanto para min como, -digoo con total seguridade-­ para o resto dos compañeiros foi fantástica. Podemos asegurar que aprendimos a ver o mundo con outros ollos. En principio, como forma de adaptarnos a esta nova situación, os catro ensinantes participamos nun taller que nos impartiu a terapeuta especialista en arte-terapia Mercedes Cabada, onde por unha xornada puidemos sentir en certo modo da mesma maneira que sinte  unha persoa cega.

Si ensinar fotografía supón basicamente ensinar a ver. Como se pode ensinar fotografía a unha persoa cega?
Para unha persoa privada dunha visión normal, a percepción do entorno ten que chegar a través dos outros sentidos. A dirección da fonte luminoso pode distinguila polo calor que emite a fonte. O tacto evidentemente elle de gran axuda. O oído e fundamental para saber o que está a ocorrer no seu arredor. O cheiro, ese sentido que cada vez utilizamos menos, pode tamén ser de gran axuda. Toda esa información que as persoas que temos a facultade de ver non percibimos ou non lle damos importancia porque nos abonda cos ollos, e para un cego fundamental.  Precisamente en relación co oído  Bresson dicía que o oído vai máis cara o interior, namentres que o ollo vai máis cara o exterior.

E certo que hai uns anos era moito máis dificultoso que unha persoa cega puidese facer fotografía. As cámaras non estaban preparadas para elo –hoxe seguen sen estalo a excepción dos móbiles-, pero grazas os automatismos cos que contan e posible facer unha fotografía sen ter que medir a luz ou enfocar, nin tocar o resto dos parámetros da cámara. Isto por un lado limita as posibilidades creativas pero por outro amplíaas infinitamente.

Imaxinar significa construír, facer unha imaxe. Cando imos tomar unha fotografía, con máis ou menos coidado, previamente visualizamos esa imaxe –imaxinamos-, en función dos nosos coñecementos e da nosa cultura, e posteriormente prememos o disparador. E dicir que a cámara o que fai e fixar aquilo que nos previamente creamos na nosa mente. Por iso segundo o teórico da fotografía Willem Fusser, a fotografía e un acto de futuro, porque realmente estamos creando algo que en un futuro, ou sexa cando premamos o disparador, farase visible.

Pero como imaxina un cego esa fotografía? Hai dous tipos de persoas cegas: os que o son de nacemento e os que quedaron posteriormente sen visión. A un cego de nacemento supoño que lle será moi difícil imaxinar o mundo que o rodea, polo que terá que crearse un mundo totalmente propio e inventado por el. Para unha persoa que con posterioridade quedou cega, pode ocorrer que teña máis o menos recordos “imaxes”, dependendo a que idade se quedase sen visión. Pero hai una terceira categoría e son as persoas cegas que conservan un resto de visión. Esas téñeno máis doado porque, inda con dificultades, poden “imaxinar” dun xeito máis real o mundo que os rodea.

En resumo esta iniciativa supón a entrada nun mundo novo, o da fotografía, para moitas persoas que posiblemente nunca pensaron que podían acceder a el.



viernes, 1 de mayo de 2015

Hoxe en Vilelos na antiga escola, actualmente reconvertida en local social,  cheo total para ver a proxección de O Piloto.




sábado, 25 de abril de 2015





CALENDARIO DE PROXECCIONS DE O PILOTO  NA PROVINCIA DE LUGO






MES DIA  HORA CONCELLO LUGAR
ABRIL 12 20:00 SARRIA Casa de Cultura

23 20:30 CELEIRO-VIVEIR Casa do Forno

24 20:30 MONDOÑEDO Centro Comarcal

25 20:30 FONSAGRADA Salón de Actos

30 20:30 RIBADEO Teatro Principal





MAIO 1 20:30 VILELOS Local Asociación de Veciños

2 20:30 ESCAIRON Auditorio

8 20:00 VILALBA Casa da Cultura

9 20:00 BECERREÁ Casa da Cultura

10 20:30 MEIRA Casa da Cultura

15 20:30 LUGO Salón de Actos Deputación

16 21:00 O CORGO Centro Sociocultural

29 20:30 FOZ CENIMA

30 20:00 BARREIROS Centro Social